viernes, 12 de febrero de 2010

SEMANA TOLA : O ENTROIDO

Que nos pasa! Volvímonos tolos!
Pois si, por uns días estivemos celebrando a chegada do entroido:
- O luns viñemos con pixama.
- O martes, con sombreiro e lentes de sol.



- O mércores, coa roupa do revés.
- O xoves, cun peiteado tolo ou con perruca.



"CANDO UN ENTROIDO VEXAS VIR
APÚRATE A FUXIR"


"O ENTROIDO SEN RUÍDO
NON VALE A PENA RECIBILO"


O venres 12 de febreiro celebramos o Festival de Entroido,
e como o tema deste ano era "Os animais do mar", disfrazámonos
de bivalvos (ameixas, mexillóns, vieiras e navallas).
E así de guapiños, cantamos unha regueifa mariñeira e unha canción inventada
por nós que dicía así:
"Son unha ameixa,
unha navalla,
unha vieira
e un mexillón.
Somos vieiras,
moito máis grandes,
moito máis ricas
ca os mexillóns.
A nosa cuncha
é a máis bonita,
e de cor negra
coma o carbón.
Nós, as navallas
somos moi altas,
e a nosa cuncha
brilla un montón.
Son unha ameixa
moi cotizada,
agocho perlas
de máis dun millón."